Skip to main content

Cama Índice Partes | Materiais | Medidas | Historia | Tipos de camas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"La cama en el pasado, presente y futuro"300038697148953055-18384006250-8beds00576741

Cama


moblenoitepallaExiptoAsiriaIdade MediaImperio romanomesasgregospersasgregosbaldaquinosouropratamarfilperlasgregosromanosséculo XIIIfríosExiptoséculo XVAl-Andalus










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Enu003Ctd class="mbox-image"u003En u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003Eu003Cimg alt="Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/75px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png" decoding="async" width="75" height="86" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/113px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/150px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 2x" data-file-width="135" data-file-height="155" /u003Eu003C/au003Eu003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003EA Galipedia estará "apagada" ata o día 26 de marzo en protesta pola proposta de directiva de dereitos de autor da Unión Europea. Tes máis información en u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003EWikipedia:Comunicado_24_marzo_2019u003C/au003Eu003C/bu003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003Eu003Cimg alt="Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/75px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png" decoding="async" width="75" height="86" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/113px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/150px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 2x" data-file-width="135" data-file-height="155" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Cama




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Foto dunha cama.


Unha cama[1] ou un leito é un moble que, normalmente, é usado para durmir durante a noite. Agora ben, tamén pode usarse para outras cousas, tales como: ler, sentarse, descansar, ter relacións sexuais, repousar en períodos de enfermidade etc.


As camas preséntanse nun amplo abano de formas e tamaños. As primeiras eran pouco máis que pilas de palla ou algún outro material natural, que se estendían pola noite sobre o chan e se recollían polo día. Unha mellora importante constituíuna o levantalas do chan para evitar humidades, lixo e infeccións.




Índice





  • 1 Partes


  • 2 Materiais


  • 3 Medidas


  • 4 Historia


  • 5 Tipos de camas


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos


    • 7.2 Ligazóns externas





Partes |


Xeralmente, a cama está constituída por dúas partes:


  • A superior, formada polo colchón e a roupa da cama.

  • A inferior, formada por unha base ríxida, coma un canapé, ou semiríxida, coma un somier.


Materiais |


Algúns elementos que complementan a cama son:


  • Os colchóns: poden fabricarse con diversos materiais, sendo o máis común o de resortes.

  • A cabeceira: é un taboleiro plano que se arrima á parede na parte superior da cama. Pode ser de diversos materiais, estando, a miúdo, forrado ou acolchado. A súa función é evitar que a cabeza roce coa parede.

  • A almofada: é unha peza branda que se coloca arrimada á cabeceira e que serve para apoiar a cabeza durante o descanso.

  • A roupa da cama: está constituída por diversos elementos destinados a protexer o colchón e proporcionarnos abrigo durante a noite. Entre eles, encóntranse:



  • Sabas:
  • Saba baixeira: é a saba que se pon sobre o colchón para protexelo e evitar o contacto directo da persoa con el. A miúdo, trátase de sabas axustables para facilitar a súa colocación.

  • Saba cimeira: trátase da saba que se coloca por riba da saba baixeira.


  • Cobertor ou manta: é a peza que se pon por riba das sabas, principalmente cando vai frío.


  • Colcha: é a peza que se pon para cubrir a cama pola parte de riba.


  • Edredón: é parecido á colcha; colócase na parte superior da cama e, normalmente, úsase cando vai frío.


  • Funda nórdica: trátase dunha funda que se pode lavar e que está rechea de material de abrigo, substitúe ás mantas e aos cobertores.


Medidas |


As medidas estándar das camas son:








Tipo

Medidas estándar
(ancho × longo)

Individual
90 cm × 200 cm
Matrimonio
160 cm × 200 cm

Dependendo das zonas, tamén se comercializan camas individuais de 100 ou 110 cm, e de matrimonio de 140 cm. Para o resto, hai que encargar o colchón e a roupa á medida.



Historia |




Cama con dosel (Museo do Louvre, Francia).


A cama ten forma propia desde as antigas civilizacións do Exipto e Asiria e consiste nun bastidor rectangular alongado de madeira ou de metal sostido por pés elevados e acabado nun extremo ou en ambos nunha cabeceira a modo de respaldo que adoita adornarse con figuras.[2]


Había dúas clases de leitos nos pobos antigos (agás nos exipcios, nos que non consta que se recostaran para comer) segundo a súa utilización:


  • As utilizadas para durmir

  • As utilizadas para comer

Isto era así xa que ata a chegada da Idade Media os homes adoitaban comer recostados en leitos e sobre coxíns. Durante a época do Imperio romano, desde finais da República, prevaleceu nestes leitos a forma semicircular ou de ferradura para situalos arredor das mesas, que daquela eran redondas.


Segundo algúns historiadores, os gregos foron os primeiros que colocaron unha especie de cabeceiro, máis ou menos elevado, sobre o armazón da cama constituída por catro paus ensamblados, os cales compuñan as montaxes que sostiñan a cama propiamente dita.


Os persas, antes que os gregos, tiñan as súas camas con baldaquinos e cubríana con moitos tapices. Os baldaquinos adornábanos con bordados, metais preciosos (ouro e prata), marfil e perlas.


As camas dos exipcios tiñan os pés en forma de patas de animais figurando, na súa cabeceira, a cabeza destes. As dos gregos e romanos levaban, normalmente, pés torneados e rectos, e unhas e outras adornábanse con incrustacións preciosas. Durante os primeiros séculos da Idade Media, a cama tivo unha estrutura moi sinxela en Occidente, sempre rectangular e con pés rectos. Pero non faltaron exemplares nos que os pés eran a modo de columnas torneadas e esculpidas e máis altas có propio leito, terminando, por riba, en pomo. Chegado o século XIII, volveu pórse en uso a ornamentación de toda a cama con pinturas, relevos, incrustacións e cabeceira elevada, se se trataba de camas señoriais, e así mantívose ata os nosos días coas variantes propias dos estilos de cada moda.


Con frecuencia, e moi especialmente nos lugares fríos, colocábase sobre a cama un pavillón ou baldaquino xa desde as civilizacións remotas, como se manifesta nos relevos asirios e como se ve tamén nalgúns exemplares achados en Exipto. Este pavillón, cunhas cortinas, servía para reducir o tamaño do habitáculo, conseguindo que a calor corporal o quentase con máis facilidade que todo o cuarto. Desde o século XV, dito pavillón, acostumaba a montarse en forma de luxosos doseis, xa sós, apoiados sobre columnas pequenas que se alzaban sobre os pés ou ángulos da cama.


Pola contra, en lugares especialmente cálidos, as camas eran de materiais bos condutores da calor para evitar sentirse rodeado de material illante pola noite e disipar mellor a calor do corpo. En Al-Andalus, poden encontrarse leitos da época califal, feitos de obra, con azulexado, nos que se sacrificaba a brandura do colchón en favor dunha maior comodidade térmica.[3]



Tipos de camas |




Berce



  • Liteira: está composta de dúas ou máis camas, unha enriba da outra.


  • Cama elástica: trátase dunha lona flexible, que se une a un bastidor por medio duns resortes, e que se utiliza para dar brincos como divertimento.


  • Cama niño: é unha cama formada por dous mobles; unha cama individual estándar e outra de patas pregables que se garda debaixo.


  • Cama eléctrica: é unha cama constituída por un somier articulado que se acciona por medio dun motor eléctrico. O colchón utilizado é, por necesidade, dun material flexible, como o látex. Conta con mando a distancia, podéndose articular independentemente a cabeceira e a parte inferior.


  • Cama pregable: trátase dunha cama que se extrae dun moble no que se garda durante o día.


  • Sofá cama: é un moble que ten a dobre función: ás veces fai de sofá e ás veces de cama.


  • Cama turca: é unha especie de sofá sen brazos que serve para descansar ou durmir.


  • Cama redonda: trátase dunha cama na que poden durmir varias persoas.


  • Berce: tratase dunha cama para os bebes que se pode abanicar.


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cama.


  2. "La cama en el pasado, presente y futuro" (PDF) (en castelán). Consultado o !6 de setembro do 2017. 


  3. Naval y Ayerbe, Francisco (1922) Arqueología y bellas artes



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Sono

  • Almofada

  • Saba (téxtil)

  • Cobertor

  • Colchón

  • Hamaca

  • Relaxación


Ligazóns externas |





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cama&oldid=4473286"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.256","walltime":"0.329","ppvisitednodes":"value":308,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":7525,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":167,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2114,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 252.428 1 -total"," 65.89% 166.335 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 24.59% 62.062 1 Modelo:Listaref"," 20.03% 50.561 1 Modelo:Cita_web"," 9.44% 23.832 1 Modelo:Commons"," 8.14% 20.545 1 Modelo:Irmáns"," 6.34% 15.993 1 Modelo:Caixa_lateral"," 2.58% 6.501 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 2.24% 5.644 1 Modelo:DRAG"," 1.16% 2.926 1 Modelo:DRAG-PdP"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.155","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3692441,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1318","timestamp":"20190315094915","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Cama","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Cama","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q42177","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q42177","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-05-05T01:59:02Z","dateModified":"2017-09-16T12:59:42Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/ce/Vrba_postelja.jpg","headline":"moble que se utiliza para dormir e descansar"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":132,"wgHostname":"mw1261"););

Popular posts from this blog

Oświęcim Innehåll Historia | Källor | Externa länkar | Navigeringsmeny50°2′18″N 19°13′17″Ö / 50.03833°N 19.22139°Ö / 50.03833; 19.2213950°2′18″N 19°13′17″Ö / 50.03833°N 19.22139°Ö / 50.03833; 19.221393089658Nordisk familjebok, AuschwitzInsidan tro och existensJewish Community i OświęcimAuschwitz Jewish Center: MuseumAuschwitz Jewish Center

Valle di Casies Indice Geografia fisica | Origini del nome | Storia | Società | Amministrazione | Sport | Note | Bibliografia | Voci correlate | Altri progetti | Collegamenti esterni | Menu di navigazione46°46′N 12°11′E / 46.766667°N 12.183333°E46.766667; 12.183333 (Valle di Casies)46°46′N 12°11′E / 46.766667°N 12.183333°E46.766667; 12.183333 (Valle di Casies)Sito istituzionaleAstat Censimento della popolazione 2011 - Determinazione della consistenza dei tre gruppi linguistici della Provincia Autonoma di Bolzano-Alto Adige - giugno 2012Numeri e fattiValle di CasiesDato IstatTabella dei gradi/giorno dei Comuni italiani raggruppati per Regione e Provincia26 agosto 1993, n. 412Heraldry of the World: GsiesStatistiche I.StatValCasies.comWikimedia CommonsWikimedia CommonsValle di CasiesSito ufficialeValle di CasiesMM14870458910042978-6

Typsetting diagram chases (with TikZ?) Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How to define the default vertical distance between nodes?Draw edge on arcNumerical conditional within tikz keys?TikZ: Drawing an arc from an intersection to an intersectionDrawing rectilinear curves in Tikz, aka an Etch-a-Sketch drawingLine up nested tikz enviroments or how to get rid of themHow to place nodes in an absolute coordinate system in tikzCommutative diagram with curve connecting between nodesTikz with standalone: pinning tikz coordinates to page cmDrawing a Decision Diagram with Tikz and layout manager